Venres. 29.03.2024

O PP de Melide cursou ante o seprona e outros organismos oficiais a denuncia polo abandono de materiais de obra contaminados na vía pública en territorio afectado pola delimitación de protección do Camiño de Santiago.

A portavos popular Dalia García, sinalou “é inadmisible que o Concello obrigue mediante licencia de obra aos particulares a pagar o tratamento de residuos xerados na construción, por exemplo, e logo, cando se executan obras, sexa de lonxe a administración máis infractora abandonando cascallos e amianto sen ningún tipo de protección apilados durante días”.

Tramitou ante o seprona non sen antes facer pública a necesidade de corrixir a situación cuestión que se lle fixo chegar ao bipartito Pérez-Prado por escrito, sen que, ata o momento, se pronunciaran ao efecto. Así as cousas, os populares fanse eco dos centos de queixas veciñais que recibiron os pasados días en canto a preocupación polo abandono, a salubridade pública e a imaxe que estaba a transmitir a sua vila sen que o Concello fixera casa algún.

Os populares advirten da gravidade da infracción contra o medio ambiente e a saude pública así como as responsabilidades directas do alcalde e o seu goberno no asunto.