Xoves. 18.04.2024

Agrupación Socialista de Santa Comba anunciou que Alberto Romar será o líder da candidatura do partido socialista en Santa Comba nas vindeiras eleccións municipais de 2023.

O candidato socialista foi escollido por unanimidade nunha asemblea extraordinaria da agrupación socialista. Co obxectivo de recuperar un goberno socialista en Santa Comba, Romar sinalou que o paso principal será escoitar á veciñanza, cun proxecto “realista e executable”.

O próximo candidato socialista explicou que elaborará “unha lista de progreso”, na que se integren novos perfís e compañeiros que formaron parte da candidatura nas eleccións de 2015 e 2019.

O socialista tamén fixo fincapé na busca de estabilidade política no concello, poñendo en práctica unha política seria e que atenda á critica construtiva. Romar engadiu que un cambio para Santa Comba “só será posible cun goberno progresista”.