Xoves. 25.04.2024

O Concello de Oroso aprobou en 2018 a creación dunha nova praza de Policía Local cada ano, co obxectivo de reforzar o servizo e a seguridade cidadán.

Tal e como apuntan fontes municipais “atopámonos cun recurso da Abogacía do Estado, xa que a súa intención ía en contra da Taxa de Reposición posta en marcha polo goberno de Mariano Rajoy e todavía vixente, que impide aos concellos a oferta de novas prazas de emprego públicas”.

Manuel Mirás, rexedor do municipio di “agora recibimos a sentenza que confirma que non podemos crear as prazas de policía, vivimos no país dos tuertos, é unha situación inadmisible que vulnera a autonomía local, os concellos estamos indefensos”.

“O máis sorprendente é que non permiten aumentar as prazas de Policía Local para cumprir coa Lei de Seguridade Cidadán, pero si a de tesoureiro, que en Oroso está cuberta por unha funcionaria de carreira que fai perfectamente o seu traballo”, engade.

“Recurriremos a sentenza e chegaremos se fai falla aos tribunais internacionais, isto non pode continuar así, parecemos unha república bananera e non un país serio”, sostén.

Mirás únese a outros moitos alcaldes e alcaldesas que esixen “autonomía para os concellos que estamos saneados económicamente, como é o caso de Oroso; asumimos de forma constante competencias impropias pero non nos deixan contratar máis persoal”.

O alcalde quere deixar claro que “Oroso é un concello seguro polo traballo que fan os dous policías locais e a Guardia Civil, pero as administracións locais non podemos seguir nesta situación, son necesarios cambios de forma urxente”.