Xoves. 25.04.2024

María Jesús Novo, a alcaldesa de Boimorto mantivo unha xuntanza de traballo con Gonzalo Trenor, delegado da Xunta na provincia, para solicitarlle o apoio do goberno autonómico para algúns proxectos que están pendentes no municipio. Concretamente a rexedora trasladou ao representante autonómico a urxencia de levar a cabo a mellora do edificio do centro de saúde. Trenor, comprometeuse a enviar os técniso da Consellería de Sanidade para analizar o estado actual do edificio e elaborar un proxecto de mellora que se financiaría entre a Xunta e o Concello.

Novo tamén lle presentou ao delegado unha proposta para cubrir as pistas de pádel, o que permitirá que estas instalacións que contan cunha gran demanda estar operativas durante todos os meses do ano. A alcaldesa comunicoulle que este verán estará finalizada esta obra.