Alex Doval propón un Proxecto de Reforma Integral para a Urbanización Porto Avieira

Alex Doval en Porto Avieria

O candidato do Partido Popular á Alcaldía de Oroso, Alex Doval, propón un Proxecto de Reforma Integral para a Urbanización de Porto Avieria, o líder popular acompañado de varios compañeiros percorreu a urbanización para coñecer de primeira man as necesidades dos veciños.

O popular apuntou, que “se trata dunha urbanización comezada a construír nos anos noventa e que “nunca se lle prestou a atención que merece, tratándose ademais, do segundo núcleo máis poboado do municipio despois de Sigüeiro, tan só se fixeron parches e remendos”.

“Porto Avieira precisa unha reforma integral e é o que faremos se os veciños nos outorgan a confianza necesaria para poder gobernar a partir de maio, estas actuacións inclúen: reforma das aceras, do firme e dos accesos, construción dunha senda peonil dende Piñeirón ata o actual campo de Golf, reforma do parque infantil e construción dun local polivalente na urbanización”, apuntou Doval.