Xoves. 25.04.2024

A Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, Ángeles Vázquez vén de remitir unha misiva ao alcalde de Melide, José Manuel Pérez para solicitarlle que elimine as acusacións se que verten sobre a súa persoa ao acusala de ser a culpable de que o IBI se incrementase na vila.

Vázquez responde así a unha información que o Concello fai pública nas súas redes sociais e tamén na súa páxina institucional, alegando que “esas afirmacións tan só pretenden confundir á veciñanza e non se corresponden coa realidade, son absolutamente falsas”. Argumenta que “o que se está a levar a cabo nestes momento no concello é un procedemento simplificado de valoración colectiva pola Xerencia Rexional do Catastro, pero en ningún caso solicitado no período que vai de 2011 a 2015. O que se está a levar a cabo nestes momentos é unha revisión obrigatoria que estableceu a Lei do castastrazo inmobiliario. Son dúas cousas diferentes”.

Ángeles Vázquez, solicita a retirada “inmediata da información difundida carente de toda veracidade nun prazo máximo de tres días” de non ser así, apunta que “procederase a adoptar as medidas que legamente procedan”.