Venres. 29.03.2024

O PP de Melide vén de coñecer que a demanda polo penal que AM-

interpuxo fronte a dúas empresas melidenses polos vertidos acaecidos ao rego Piñor o pasado xullo de 2019 está arquivada.

Dalia García, portavoz dos populares di que “así o confirma o goberno local ao fío dunha pregunta realizada polos populares no pleno ordinario do mes de marzo. Tardamos en que Pérez e Prado contesten ao que se lle pregunta pero isto so confirma as nosas sospeitas: todo o mal que se lle fixo ao nome de Melide, aos empresarios que decidiron investir e dar traballo á xente de Melide, so tiña un fin e era a persecución política das antecesoras no cargo de alcaldesas”. Engade que “os populares advertiron no seu día que era un erro iniciar un procedemento penal sen depurar responsabilidades administrativas e este arquivo vén a refutar o que xa tiñamos claro”.

Ademáis, informan dende o grupo popular, que “o goberno bipartito municipal terá que dar as explicacións oportunas do gasto extra que supuxo esta decisión errada, xa que polo momento os populares están estudando as facturas pagadas a un avogado co que se pactou un total de preto de 15.000 euros pagados xa case 9.000 euros de anticipo cando o Concello de Melide contrata en exclusiva a un asesor xurídico que custa ao peto dos melidenses preto de 53.000 euros”.

Archivada a denuncia por vertidos presentada polo bipartito de Melide