Venres. 19.04.2024

A Concellaría de Urbanismo do concello de Ares  anunciou o inicio das obras para a mellora da accesibilidade e posta en valor da contorna da praia do Xuncal, no núcleo urbano de Ares, un dos puntos de maior número de visitantes e usuarios durante a época do verán.

A intervención contempla nunha renovación completa do acceso dende a Avenida de Os Castros, substituíndo as escaleiras, a senda e a rampla de madeira por unhas novas. Estes traballos supoñen a continuidade da renovación anterior realizada na varanda do Parque Rosalía, coa mesma tipoloxía de materiais, e permitirá a mellora da seguridade e da accesibilidade, facilitando e fomentando un uso de calidade de toda a área.

O importe dos traballos ascende a 49.421,60 euros, sufragados entre o GALP Ártabro Norte e as arcas municipais.