Xoves. 25.04.2024

A última sesión plenaria celebrada en Arzúa deu luz verde á aprobación do proxecto de reurbanización da segunda fase da rúa Fraga do Rei, unha das principais arterias que vertebran o casco urbano da vila.

O novo proxecto que contempla a renovación deste importante vía ao longo dun tramo de 250 metros, que abranguen dende dende o punto donde remataron os traballos da primeira fase de acondicionamento da rúa ata a súa finalización na avenida de Lugo, non contou cos votos favorables nin do Partido Popular nin do Bloque Nacionalista Galego.

O proxecto, que conta cun orzamento de 526.091 euros, poderá tramitarse para a súa execución nos vindeiros meses. Foi o alcalde, José Luis García, xunto coa concelleira de Obras, a socialista Begoña Balado, quenes decidiron reservar esta cantidade dos fondos do POS adicional que financia a Deputación Provincial.

Esta segunda fase de reurbanización da rúa Fraga do Rei seguirá idénticas directrices ás empregadas no tramo de rúa xa reurbanizado dende a travesía da Feira e no que o goberno municipal xa investiu un total de 250.000 euros, que deixan á vista unha vía cunha imaxe completamente renovada.