As inversións no concello chegarán preto dos 300.000 euros

Boimorto aproba un orzamento de case 3 millóns de euros para o 2021

Pista PADEL

Destinará 14.000 euros nun plan específico de axudas para paliar os danos da pandemia na hostalería local

BOIMORTO 24 de marzo 2021.- O Concello de Boimorto vén de aprobar o orzamento para o ano 2021 que terá unha contía total de 2.800.000 euros.

O 2021 estará marcado profundamente polos afectos da pandemia que comezou hai un ano, é por iso que dende o equipo de goberno que dirixe María Jesús Novo, pretenden paliar na medida das posibilidades coas que conta a administración local, as consecuencias da Covid-19. Por esta razón, o Concello de Boimorto, aprobou un orzamento que destina as súas máximas contías a apartado social.

O Servizo de Axuda a Domicilio (SAF) seguirá contando neste 2021 con 16 persoas que atenden a dependentes en todo o municipio. A maiores, o goberno local incrementará as axudas económicas para os máis desfavorecidos ou para inversións no emprego, para seguir contando con persoal profesional cualificado; servizos que na súa maioría noutros concellos están externalizados. A rexedora de Boimorto, explica que “é por iso que se incrementa a suba nos salarios, debido á contratación de persoas pola propia institución pública local”.

Entre as partidas máis destacadas está a inversión de 14.000 euros, que recaerán na hostalería local e que ten como obxetivo paliar as eivas que atravesa o sector durante este ano de pandemia sanitaria. Son cartos que chegarán aos hostaleiros locais a maiores das axudas doutros organismos, polo que poderán beneficiarse delas áinda que teñan concedidas outras de igual índole a nivel nacional ou autonómico.

No capítulo de inversións, o Concello de Boimorto realizará obras para mellora do municipio que están valoradas no orzamento en 298.000 euros e que comprenderán actuacións das que se beneficiará a veciñanza.  Entre elas, atópase o arranxo de diferentes viarios do municipio por valor de 230.000 euros ou a cuberta da pista de pádel cun presuposto de 25.000 euros.

SANEAMENTO EN VILADONIFA

O Concello de Boimorto reflexa no seu orzamento de 2021 a compra da finca para realizar o saneamento en Viladonifa xa que ten o compromiso da Xunta de Galicia dunha partida de 500.000 euros para mellorar este servizo.