Venres. 29.03.2024

Borja Verea, candidato do Partido Popular (PP) á Alcaldía de Santiago, manifestou, durante unha xuntanza coa veciñanza da parroquia de Bando, o pasado 11 de marzo, que entre as súas prioridades, no caso de que o seu partido gañe as eleccións municipais de maio, está a paralización do Plan Espacial do Concello e que afecta a Lavacolla, San Marcos e Bande.

Verea, que escoitou os problemas da veciñanza de Bando, iniciativa encadrada dentro dos encontros cos cidadáns que o candidato á Alcaldía do Partido Popular leva realizando desde hai meses, para elaborar un programa de goberno “sólido e solvente”, calificou ao goberno solialista de Sánchez Bugallo de “pasotismo e soberbia”, despois de escoitar de primeira man que a veciñanza da parroquia entorouse do Plan Especial a través dunha carta municipal e “sen escoitar antes aos afectados”. “É un despropósito presentar unha modificación sen escoitar aos afectados, sobre todo cando supón un perxuízo moi grande para todos os propietarios de vivendas, negocios e fincas”, denunciou Borja Verea.

Borja Verea na reunión cos veciños de Bando
Borja Verea na reunión cos veciños de Bando

O candidato do Partido Popular cre que é necesario “coidar e preservar o noso patrimonio, pero o primeiro son as persoas” e alertou de que “o goberno socialista aposta polas prohibicións, como fai no Casco Histórico da cidade, que levou á zona vella a unha situación de colapso, sen veciños, sen investimentos” e destacou ante a veciñanza que agora “pretenden facer o mesmo no rura, e isto é inadmisible; este tipo de accións o único que conseguen é botar aos composteláns do seu concello”.

Por todo isto, deixou moi claro que de acadar a maioría necesaria para gobernar Santiago, “paralizaremos e anularemos a posta en marcha deste Plan Especial, e faremos as cousas ben, empezando sempre por escoitar á xente, á veciñanza”, sentenciou.