O Concello asegura que investirá orzamento municipal para seguir ampliando o servizo

O Concello de Arzúa ampliará a instalación de fibra óptica no municipio

Instantánea da reunión entre os concelleiros de Arzúa e o responsable da empresa Rede Aberta para tratar os detalles da ampliación da instalación de fibra óptica en varias parroquias.

O concelleiro de Facenda e Contratación, Daniel Moscoso, e a concelleira de Atención ás parroquias, Mari Carmen Torreiro, mantiveron unha reunión de traballo cun responsable de Rede Aberta, empresa adicada ao desprego de redes de fibra óptica neutra, para tratar a extensión de fibra polas zonas do Concello de Arzúa que aínda non teñen este servizo.

Máis concretamente, actuarase nas parroquias de Dodro, O Couto de Oíns, Santo Estevo do Campo, San Martiño de Calvos e Viñós. O concelleiro de Facenda e Contratación admitiu que Rede Aberta non poderá chegar a todos os lugares destas parroquias e comprometeuse a seguir ampliando o alcance con orzamento municipal.

Así mesmo, a concelleira de Atención ás parroquias confirmou que se programarán xuntanzas informativas coa empresa e a veciñanza para facilitar toda a información sobre o proceso.