Martes. 23.04.2024

O Concello de Curtis traballa para que a auga chegue aos veciños coa calidade óptima para o consumo. Neste senso, xa anunciou a licitación das obras para a ampliación e mellora dos equipos de tratamentos da ETAP situada na Ratona cun investimento de 292.443,69 euros financiada con fondos propios.