Mércores. 24.04.2024

O Concello de Curtis recepcionou as obras realizadas na pista que enlaza Paradela e Estraviz e que tiveron un custo total de 75.120,38 euros.

As obras consistiron na ampliación sobre a rodadura, saneo de blandóns, bacheos das deformacións da calzada así como a mellora da rede de drenaxe existente. Nos casos de ampliación da calzada, pavimentouse os paseos térreos existentes, e aumentouse a capacidade do vial, mellorando a seguridade no tránsito pola mesma e reforzando tamén a capacidade estrutural do pavimento existente, necesaria ante o aumento do tráfico de maquinaria pesada. Tamén se revisou a rede de drenaxe dos camiños, limpando e reperfilando cunetas e tajeas.