Mércores. 24.04.2024

O delegado do Goberno, José Miñones desprazouse, coa subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, á terminal de GNL de Reganosa en Mugardos, onde mantiveron unha reunión co director xeral de Reganosa, Emilio Bruquetas, e o director de Desenvolvemento da compañía, Rodrigo Díaz, con quen percorreron tamén as instalacións da planta. Alí coñeceron os datos do proxecto conxunto de Reganosa con EDPR de Portugal para instalar en varios concellos da comarca un complexo que complete todo o ciclo de produción de hidróxeno verde empregando para iso fontes de enerxía renovables. O delegado repasou as vantaxes competitivas do proxecto de Reganosa.