Venres. 19.04.2024

Despois da polémica rehabilitación da Ponte de Furelos, o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, visitou a vila e tamén a zona para comprobar os traballos que se realizaron que tiveron un custe de 285.000 euros e foron sufragados polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana.

Visita onde o delegado do Goberno estivo acompañado por dúas persoas da empresa que fizo a obra, a subdelegado do Goberno, a directora do área de Fomento da delegación do Goberno, Ana Quintairos, o alcalde de Melide José Manuel Pérez e do tenente de alcalde José Prado. Unha visita sen convocatoria de prensa, polo menos a este medio de comunicación

Miñones apuntou que o Goberno de España executa e promove 23 actuacións en 28 concellos do Camiño de Santiago en Galicia, a través de tres programas que financian os Ministerios de Industria, Comercio e Turismo e de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana. Con estes programas, o Goberno de Pedro Sánchez asume unha dobre responsabilidade: “a de protexer e manter o legado que nos deixaron séculos de tradición xacobea e tamén a de poñelo en valor, de posibilitar o uso ordenado do mesmo e de facelo visible e visitable”, subliñou.

OBRAS REALIZADAS

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana executou a restauración da Ponte de Furelos. A actuación inclúe unha plataforma ou miradoiro que salva o desnivel ata o río onde se poderán realizar actividades de lectura, pesca, contemplación ou aparcamento de bicicletas, para continuar despois a travesía que sempre representa o Camiño de Santiago.

En paralelo, realizouse unha intervención integral na que se repararon as patoloxías non estruturais así como a limpeza e re pavimentación da súa superficie.


 

O delegado do goberno supervisa a finalización da rehabilitación da ponte medieval de...