venres 03/12/21

Alcalde e tenente de alcalde dos Concellos de Toques  e Melide mantiveron un encontro no que estableceron un marco de colaboración entre os dous concellos para traballar sobre temas de interese.

O primeiro asunto sobre o que se está a traballar é a creación de dúas rutas homologadas de sendeirismo, que unirán ambos concellos, transcorrendo polas zonas máis representativas da xeografía da Comarca. Este percorrido, unirá os dous núcleos municipais e poñerá en valor o camiño que transcorre polo punto máis alto da provincia da Coruña, o coto Pilar, accedendo a él a través dos montes do Bocelo. O segundo roteiro, discorrerá ao longo do río Furelos, desde a ponte medieval de Furelos finalizando nas fervenzas de Toques.

comentarios