Venres. 26.04.2024

O Concello de Oroso foi escenario dunha emotiva xornada coa visita oficial do embaixador de Suíza en España e Andorra, Hanspeter Mock, para conmemorar o paso por Sigüeiro no ano 1531 do cabaleiro suízo Heinrich Schömbrunner von Zug, peregrino ilustre do Camiño Inglés.

Hanspeter Mock, en compañía de Alberto Giovanetti, agregado Cultural e Científico da Embaixada, estiveron primeiro no Concello de Oroso, onde foron recibidos polo alcalde, Manuel Mirás Franqueira, polos concelleiros e concelleiras, e por outros representantes dos concellos polo que pasa o Camiño.

Posteriormente, na entrada ao Camiño Inglés polo Carboeiro, inaugurouse un memorial na memoria de Heinrich von Zug, antes de facer un percorrido pola ruta ata o Paseo dos Peregrinos Ilustres, onde se descubriu unha placa conmemorativa e entregaronse os galardóns do concurso escolar ‘Escríbelle unha carta a Heinrich Schömbrunner von Zug’.