Martes. 23.04.2024

O Concello de Frades convoca axudas económicas a entidades culturais, deportivas, asociacións de veciños e calquera outra entidade de interese social que fomente a participación cidadá na vida municipal. As solicitudes deberán presentarse no Rexistro do Concello de Frades antes do vindeiro 24 de xuño. As bases e os impresos de solicitude poden descargarse da web municipal (www.frades.gal).

As axudas, que contan cunha partida económica de 30.255 euros, están dirixidas a asociacións con ou sen personalidade xurídica, sempre que carezan de fin de lucro, estean inscritas no Rexistro de Entidades ou Agrupacións do Concello de Frades, desenvolvan as súas actividades no termo municipal de Frades, estean ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias co Concello e non teñan pendente de xustificar ningunha subvención anterior concedida polo Concello de Frades.