Sábado. 20.04.2024

Unións Agrarias denunciou que dende hai seis anos son incapaces de modificar o prezo da carne para que os gandeiros de vacún poidan ver incrementadas as súas ganancias. “Nin sequera somos capaces de subir o IPC”, argumentaba Roberto García, secretario xeral da formación.

Foron decenas de persoas as que se achegaron ata a praza do Toural en Santiago de Compostela para beneficiarse dos mil quilos de carne que se repartiron entre os presentes como forma de protesta polo momento que está a vivir este sector. O obxetivo estaba claro: reivindicar o baixo prezo que se lles pagar aos gandeiros de vacún.

O escenario actual deixa aos gandeiros “nunha situación de indefensión, de dependencia en exclusiva dun modelo de matadoiros case case en réxime de monopolio, cunha estrutura de tratantes que impoñen unhas condicións que pouco teñen que ver coa realidade do mercado”.

García explicaba tamén que “os problemas dos gandeiros de vacún agraváronse co confinamento que viron como os prezos se reducían un 20% e que aínda hoxe non chegou as recuperarse na súa totalidade”.

En Galicia son máis de 11.000 persoas ás que traballan no sector da carne vacún, das que máis de 8.000 explotacións están en Ternera Gallega.