Venres. 19.04.2024

O PP de Melide acusa ao bipartido AM-PSOE de “dilapidar 17.303 euros de cartos públicos nun proxecto que xa se sabía que non se podía levar adiante sobre unha suposta depuradora no parque empresarial da Madanela”.

“O bipartito AM-PSOE nunca fixo público o que custara o estudo da depuradora municipal no parque empresarial, simplemente se informou nun pleno de que se manexaban presupostos relativos a obra e que unha vez que chegara o proxecto de Augas de Galicia sería finalmente este o que executarían porque o outro non era viable” sinala Dalia García, a portavoz dos populares melidenses.

Dende o PP de Melide constatan que “o bipartito AM-PSOE contratou a realización dun proxecto básico no que gastou 17.303 euros sabendo previamente, como xa llo ten recordado este grupo municipal que era inviable en canto a sostibilidade financiera e a súa eficacia”.