Martes. 19.03.2024
O voceiro do Partido Popular, José Manuel Guerra, rexeita a decisión do alcalde de convocar para o próximo 22 de xuño unha Xunta de Voceiros na que se elixa se o Concello opta por municipalizar ou licitar a unha empresa o servizo de recollida de lixo, “cando o contrato coa actual concesionaria, que xa fora prorrogado por un ano, espira no mes de agosto”.
Guerra cre que “estas présas son froito de novo da improvisación e lembra que, como sucedera cos cinco servizos anteriormente municipalizados como augas, escolas infantís, mantemento eléctrico, zonas verdes e limpeza de edificios do Concello, o Goberno local non encargou, nin preparou, ningún informe previo sobre os custos, vantaxes e desvantaxes para os veciños de Teo que suporía unha alternativa, ou a outra”.
O voceiro popular explica ademais que, “debido á precipitación e porque quedan menos de catro semanas para que remate o actual contrato, xa non será posible realizar os trámites administrativos necesarios polo que, se optan pola xestión directa por parte do Concello, o contrato non podería entrar en vigor ata outubro; e se finalmente escollen a licitación para que o servizo o preste unha empresa, ata xaneiro de 2023