Mércores. 24.04.2024

O Partido Popular de Teo faise eco das queixas dos veciños e veciñas xa que foron varias as estradas que viron diminuido o ancho das súas calzadas debido á construcción das novas sendas. Nesta ocasión, a veciñanza de Folgueiras lamenta que as novas sendas “coman un bo anaco” da estrada que parte de San Domingos e chega ate o centro médico de Calo.

Tal e como explican os populares, a veciñanza de Adrán, a raíz dunha execución xa realizada previamente pero das mesmas características, explica que “algúns vehículos teñen que encimar as beirarrúas para poder cruzarse con outros, poñendo en perigo a seguridade dos peóns. Tal foi o caso do camión de reparto, que tivo que montar a acera cando se cruzou con outro vehículo antonte mesmo”.

José Manuel Guerra, portavoz dos populares en Teo di que “levo advertindo desta práctica dende hai anos, feito que vai en contra do compromiso de Uxía Lemus de manter ou ampliar o ancho dos viarios”.