10:55 do 13 de maio de 2022
María José Pose é desde a nova presidenta local do Partido Popular de Santa Comba despois de que a súa candidatura recibise o 100% dos votos no congreso local celebrado no municipio xalleiro.
Acompañada polo presidente provincial, Diego Calvo, polo secretario xeral dos populares na provincia da Coruña, Evaristo Ben, e polo vicesecretario de organización, Gonzalo Trenor, Pose agradeceu o respaldo recibido de todos os afiliados e presentou un equipo “unido” e preparado para desenvolver un proxecto “sólido” á fronte do PP de Santa Comba.
A nova presidenta local aproveitou tamén a súa intervención para facer balance dos logros alcanzados durante o seu mandato á fronte do consistorio e puxo sobre a mesa os obxectivos que aínda quedan por lograr.