Martes. 23.04.2024

O goberno municipal de Melide está levando a cabo un control do sistema de bombeo da rede de saneamento municipal. Tal e como explican fontes municipais, estes traballos estánse realizando “tralas numerosas incidencias acaecidas no sistema de bombeo nos últimos anos o Concello d puxo en marcha un programa de control e intervención coa finalidade de diminuír, ao máximo posible, a frecuencia e a cantidade de verteduras de residuos”.

En primeiro lugar, foi realizada unha completa valoración do sistema de bombeo da rede de saneamento municipal co obxectivo de coñecer as deficiencias existentes e as posibilidades de mellora, actuando posteriormente en aqueles puntos máis problemáticos. Despois destas revisións, dende o Concello de Melide apuntan que “constatouse que os seis pozos de bombeo da rede de saneamento cos que conta Melide precisaban da realización dun mantemento periódico e dun forte investimento na mellora das instalacións”.

É por iso que, o Concello de Melide vén de realizar reparacións e substitucións en varias das bombas, axustes en cadros eléctricos e solución de varios atascos crónicos nas tubaxes. Foron obxeto de intervencións de importancia a avenida de Compostela e a rúa Ourense.