Xoves. 18.04.2024

A Xunta de Goberno Local de Melide aprobou avanzar na consolidación e estabilización de prazas de persoal laboral co obxectivo de reducir a temporalidade no emprego público ao abeiro da Lei 20/2021.

Deste xeito, o alcalde, José Manuel Pérez, asinou unha resolución pola que dá conta á Mesa Xeral de Negociación da relación de prazas a incluír na Oferta de Emprego Público para a Estabilización de Emprego Temporal. Esta listaxe recolle 29 prazas de profesorado do conservatorio, locución na radio municipal, animación deportiva ou cultural e profesionais do CIM, entre outras. A Secretaría e a Intervención Municipal deberán emitir agora informe para a elaboración da proposta de acordo definitiva.