Venres. 19.04.2024

O Concello de Melide instalou caldeiras de biomasa nos centros sociais parroquiais para favorecer a realización de actividades no seu interior durante o outono e inverno.

Santaia de Agrón, Baltar, Campos, Folladela, Furelos, A Garea, Golán, Maceda, Moldes, Orois, Piñor, San Martiño das Varelas, Xubial, San Salvador e o Meire son os centros sociais que contan con este novo servizo.

As actuacións subvencionadas polo Instituto Enerxético de Galicia (Inega), e confinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemente Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, supoñen un investimento total de 47900,02 euros.