Xoves. 18.04.2024

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, reiterou a súa determinación por avanzar na adhesión dos concellos galegos ao Sistema VioXén de Seguimento e Protección de Vítimas de Violencia de Xénero. Fíxoo no día en que o Concello de Melide sumou a súa participación desta ferramenta do Ministerio do Interior mediante a sinatura do protocolo entre o delegado do Goberno, o alcalde, José Manuel Pére. No acto tamén participaron a subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo; o xefe en funcións da Comandancia da Garda Civil da Coruña, Fernando Pedreira e o tenente alcalde de Melide, José Antonio Prado.

O delegado puxo en valor o traballo da Delegación do Goberno, das subdelegacións provinciais e das súas unidades de loita contra a violencia sobre a muller para incrementar o número de concellos galegos integrados en VioXén. Así, recordou que entre xuño de 2018 e maio, conseguiuse duplicar a presencia de concellos de Galicia nesta ferramenta: “Con Melide son xa 38 os concellos nos que a Policía Local colabora coas Forzas de Seguridade do Estado, o dobre que hai tres anos”, e agradeceu a sensibilización do Concello melidense na loita contra a violencia machista “que se materializa hoxe nesta sinatura”.

Unha vez que un Concello asina o protocolo de adhesión ao Sistema VioXén, a Policía Local encárgase dos casos activos de risco baixo ou non apreciado no seu ámbito de actuación mentres que Garda Civil e/ou Corpo Nacional de Policía encárganse do resto de casos activos. Nestes intres, en Galicia o Sistema VioXén ten activos 3.754 casos, dos que 1.695 se atopan na provincia da Coruña.

VISITA A ARZÚA

O delegado do Goberno realizou posteriormente unha visita institucional ao Concello de Arzúa acompañado pola subdelegada do Goberno na Coruña. Alí mantivo unha reunión co alcalde, José Luis García, e coa tenente alcalde, Begoña Balado.

No encontro avaliaron as actuacións que executa o Ministerio de Transportes na rehabilitación da Casa de Correos para centro cultural e as obras que efectúa a Demarcación de Estradas en resposta a demandas do Goberno Local. Entre elas, a mellora de pasos de peóns e obras de drenaxe na travesía do casco urbán e en varios puntos da autovía ao paso polo municipio. Estas actuacións terán continuidade ata completar as demandas penden