Xoves. 25.04.2024

O concelleiro de Obras e Servizos Jorge Kuntz informou da aprobación polo Pleno do concello de Mugardos  ao abeiro do programa POS 2022 das obras de mellora de servizos e pavimentos nas rúas Coruto – As Barcias e  Apelón xunto co parque de San Vitorio por un importe total de 357.491,42 euros, xunto coa reurbanización da Avenida de Galicia no POS complementario por 365.330,89 euros.

As actuacións de acondicionamento do parque de San Vitorio teñen como obxecto adaptar a zona a unha área de xogos infantís, retomando así o uso ao que fora destinado anos atrás. Valoradas nuns 40.000 euros, transformaránse aproximadamente uns 200 metros cadrados nos que se instalarán pavimento de seguridade de caucho continuo en toda a superficie, novos xogos infantís formados por un tobogán, unha randeeira dobre e outro con cesta, e dous balancines. O parque contará cun valo de seguridade, bancos de madeira e papeleira.

Kuntz quixo facer unha pequena aclaración ao respecto da inclusión desta obra no POS. “Con esta obra estamos a cumprir o noso compromiso de incluir unha obra nun parque en cada unha das convocatorias que a Deputación fai do POS, e así o estamos a facer con esta actuación, que recupera un espazo de lecer infantil en San Vitorio”.

Os 118.579,79 euros que se proxectan investir no Seixo, serán para atallar a situación actual da zona comprendida entre as rúas de Coruto e As Barcias (Baixada da Marnela), na que é necesario solucionar os problemas de inundacións e deficiencias na rede de evacuación da auga de choiva. As actuacións irán desde o soterramento da rede de iluminación nas rúas Coruto e Barcias, pasando pola renovación da rede de pluviais, fecais e de abastecemento na rúa Coruto, e tendo en conta a existencia dunhas vivendas a unha cota inferior do camiño na rúa Coruto que provoca inundacións nestas os días de choivas, será preciso acometer a obra de recollida destas augas e solucionar a pendente da rúa nos primeiros metros, ademais de acometer a recollida das augas pluviais. Para rematar, abordarase a regularización puntual e a renovación do pavimento das rúas Coruto e As Barcias, levando a cabo as mencionadas modificacións da rasante das rúas e as modificacións da pendente transversal nos primeiros metros da rúa Coruto, próximo ao cruce coa Avda. do Seixo.

Na rúa Apelón, está previsto investir case 200.000 euros (198.911,63 euros), co obxectivo de abordar as obras necesarias para a mellora de servizos: saneamento realizando a separación da recollida de augas pluviais e fecais, instalación dunha nova rede de abastecemento de auga potable e a obra civil para o alumeado público, así como a nova pavimentación nas rúas  Apelón e San Fernando, concretamente no ámbito limitado pola  rúa  do Mercado ao leste,  rúa Peteiro ao norte e  rúa San Telmo –  rúa Alta ao oeste.

Para o POS complementario, a obra proxectada será a reurbanización da Avenida de Galicia dende o cruce da rúa Mercado ata o encontro co regato do Cano da rúa. Cun orzamento de licitación de 365.330,89 euros, este investimento irá destinado á instalación dunha nova rede de saneamento de augas pluviais e á renovación dos servizos existentes: saneamento de augas