Mércores. 29.06.2022

A empresa do mantemento de zonas verdes iniciou os traballos no concello de Mugardos, segundo informou o concelleiro de Servizos, Jorge Kuntz, logo de ser adxudicados os traballos por 145.000 euros durante os próximos dous anos a Jardinería Arce S.L.

Os parques nos que se realizarán os traballos serán: Parque de Rosalía de Castro, A Pedreira, Os Carneiros, Casino de San Xoán, parque do Penso, da Seaña e Roibeiras.

Outras zonas de lecer que tamén están incluidas nas tarefas a realizar pola empresa adxudicataria son Beiramar, o Campo do Río, a urbanización do Pazo das Condesas, e as zonas verdes do Caldoval e o Zárate, así como as unitarias de Novás, O Seixo e San Xoán.

Tamén se incluíu nos pregos o mantemento de zonas costeiras como son as rotondas do peirao de Mugardos, os xardíns e medianeiras do Cantón de Cora e as medianeiras do Baño.

Para rematar, Kuntz dixo que, de xeito excepcional, nos traballos adxudicados tamén se atopan a poda e o mantemento das seguintes arboledas: 17 árbores en Rosalía de Castro, 22 árbores no parque dos Carneiros, 14 no Camiño do Cemiterio, 120 árbores repartidas desde o parque do Peteiro ata o Castelo da Palma, 7 palmeiras no Cantón de Cora e as 3 palmeiras sitas na contorna da Casa do Concello.

O concelleiro confirmou que “esta é a primeira vez que o Concello de Mugardos conta cun servizo periódico de limpeza, mantemento e poda de xardíns e zonas verdes, co que esperamos darlle unha solución definitiva a este problema e que mellore substancialmente o estado e coidado destes espazos municipais”.


 

comentarios
Entrando na páxina solicitada Saltar publicidade