Martes. 23.04.2024

O concelleiro de Obras e Servizos, Jorge Kuntz, informou da apertura do proceso de adquisición por parte da administración local dun novo vehículo para a Policía Local mediante licitación aberta, cun orzamento de 30.000 euros.

Esta é a segunda ocasión na que o goberno mugardés abre o proceso para a subministración deste coche, xa que no mes de decembro do pasado ano desenvolveuse a primeira contratación que no trámite de presentación e ofertas quedou deserto obrigando á revisión dos pregos para a segunda licitación.

Na sesión ordinaria de Xunta de Goberno procedeuse a aprobar o expediente de contratación, mediante procedemento aberto simplificado sumario, recollendo que a subministración deste vehículo para a Policía Local mugardesa se realizará con financiación procedente do POS+ ADICIONAL 1/2019. Tamén foron aprobados os Pregos de Cláusulas Administrativas Particulares e de Prescricións Técnicas que rexerán o contrato.