Xoves. 18.04.2024

O concelleiro de Facenda do concello de Mugardos, Miguel Mahía, informou da firma do decreto de aprobación da liquidación orzamentaria do exercicio 2021, cun superávit de 182.403,17 euros cumprindo cos prazos que establece a normativa vixente por segundo ano consecutivo.

Mahía fixo un pequeno resumo das cifras recollidas na liquidación e que dan un reflexo claro do marcadas que estiveron, por segundo ano consecutivo, pola pandemia e todas as limitacións tanto administrativas como operativas que dela se derivaron. “Os gastos totais chegaron aos 6.659.200,21 euros, e os ingresos ascenderon a un total de 6.841.603,38 euros, do que se desprende ese resultado positivo (ingresos superiores aos gastos) de 182.403,17 euros”.

“O remanente de Tesourería da liquidación do exercicio 2021 arroxado é de 1.291.701,60 €. Esto implica que non será necesario que o Pleno adopte ningunha das medidas na Lei de Facendas Locales, polo que estamos nunha situación de total liberdade financieira, logo de cumprir con todas as esixencias da lexislación vixente, e podemos comenzar coa licitación de obras que estaban pendentes desta liquidación” confirmou Mahía.

Así mesmo, o concelleiro de Facenda remarcou que “costou moito traballo durante estos dous anos poner en orde as contas do Concello, pero a liquidación de 2021 arroxa datos moi positivos que nos permitirán reanudar e licitar as obras pendentes.”

Desde o departamento de Facenda municipal quíxose destacar que “grazas ao traballo desenvolto e aos esforzos financieiros realizados, este é o primeiro ano desde fai 3 lexislaturas que non terá que adicarse nin un só euro da subvención da Deputación para pagar aos proveedores, e poderase utilizar o 100% dos cartos concedidos no POS (Plan Provincial de Obras e Servizos) para a realización de obras no municipio”.