Xoves. 25.04.2024

Logo de doce anos, está ben ter unha canle aberta e directa coas lectoras e lectores.

Estamos a menos dun ano das eleccións municipais, esas onde notamos a política más cercana. A do bache, a de axudas no covid, esa onde notamos que non temos piscina para ir e hai que desplazarse, esa onde cando acudes o concello o alcalde te recibe ou non, a de se tes luz ou non na rúa, a de se hai políticas municipais para atraer empresas… esa que posiblemente é a que máis notamos.

 

Seguramente sexan unhas eleccións marcadas por un batalla previa as autonómicas, o PP e o BNG xogan unha batalla xa pensando nas eleccións do 2024, aínda que posiblemente teñamos unhas xerais antes, pero…cando? Pregunten na Moncloa, ideas moitas, saber nada, so o sabe Pedro. Posiblemente cando mellor puntúen as enquisas a Pedro, pero se temos en conta que lle gustaría ser Presidente rotatorio da UE, que lle toca a España no segundo semestre do 2023 e no mes de octubre Leonor cumpre 18 anos e toca xurar a Constitución, serían a finais do 2023 ou inicios do 2024, esa era a previsión inicial da Moncloa. Tamén vai influir que Pedro vai querer que os pactos en comunidades autonómicas e cidades, entre PP e Vox, poidan unir certo voto de esquerda sobre el, e castigue a Alberto, e Iolanda dea consolidado algo o seu proxecto. Este escenario pódese vir abaixo por recortes  impostos de Bruselas. Nestes catro anos de goberno de Pedro, non tivo que decirlle aos seus socios non, era todo si, e se agora ten que decir non?

 

O que suceda o 19-X en Andalucía, pode provocar cambios no PSOE e abrir unha crise de consecuencias imprevisibles.

 

O PP terá candidatos nas grandes cidades antes de agosto posiblemente, e o BNG tamén, o PSdG-PSOE ten dúbidas en Ourense e Pontevedra, á espera do OK de Bugallo en Compostela.

 

Pero o PP xa está traballando e definindo os candidatos en moitos concellos, @s alcaldes seguirán e noutros sitios como Melide, Oroso, Dalia García e Alex Doval, serán os candidatos, por poñer exemplos, o BNG tamén esta definindo candidatos, pero polo momento, non hai grandes sorpresas.

 

O PSdG-PSOE sacando onde ten alcaldes que seguirán, como Blas en Ames, ou José Ramón en Boiro. Volverá a intentar fichar a candidatos e empeza a sonar o fichaxe de José Manuel Pérez, alcalde de Melide nas listas socialistas, non sería a primeira vez que intentan o seu fichaxe. Según se conta por fontes solventes consultadas a proposta está enriba da mesa. Por outra parte José Luis García, alcalde de Arzúa, descoñecese se repetirá candidatura, como podemos saber saber aínda non ten decidido seguir, pero xa lles dixo noutras ocasións non, pode pasar como Mbappe co Madrid.