Mércores. 24.04.2024

Un goberno non pode mentir, o goberno de Melide non propuxo unha ampliación real, propuxo unha tomadura de pelo, un polígono privado , sin avisar os propietarios das 59 parcelas de que teñen que ser eles que urbanicen e adianten 10 millóns de € . Pensaronno para presentar algo para as eleccións. En ningún lugar de Galicia se fixo tal cousa . Eu vou ampliar o polígono no tramo que se poida onde está actual e traballar coordinadamente cos sectores implicados. A través dos medios establecidos , estudo de viabilidade , e proposta para que sexa a Xunta quen expropie , urbanice e venda a prezos reducidos como se fixo no que temos hoxe en día

O PP denuncia que a demolición das vivendas de Melide non se executou coas adecuadas garantías en materia de servizos, ¿porque?

A xente viu nas fotos da prensa como quedou a zona: tempo e tempo para recoller os escombros, uralita sen tratar, porexpan por toda a zona… Póñense a andar cando o PP denuncia a situación.

O Concello non fixo as separacións adecuadas dos refugallos. Cando os veciños e veciñas fan unha obra, o administración local esíxelles un montón de requisitos e cando a obra a fai o propio concello non se lles exise nada. Parécenos inxusto.

Un goberno non pode mentir

¿Que solucións habitacionais propón o PP para a persoa vulnerable que quedou sen a súa vivenda?

Ao PP gustaríanos que o Concello de Melide lle buscase unha vivenda para a persoa afectada, un lugar no que poder vivir. Os responsables municipais deberían ter buscado solucións antes de derrubar as casas.

O Concello acórdase dos colexios cando o PP se reúne coa familiar educativa


Recentemente o goberno municipal fixo unha petición formal ao goberno da Xunta para solucionar diferentes deficiencias dos centros educativos de Melide, que necesidades ten Melide nesta materiaO Concello acórdase dos colexios cando o PP se reúne coa familiar educativa. Antes non sabían nin que existían. A Xunta leva investido máis dun millón e medio de euros nos colexios de Melide e tamén no IES.

Gustaríame que tamén dende o propio Concello se apostará máis polo mantemento dos centros educativos locais, puiden visitalos nas últimas semanas e hai pequenas cousas que se poderían ter realizado. Se non se piden nin as subvencións, como se vai medrar en infraestructuras?

 Os responsables municipais deberían ter buscado solucións antes de derrubar as casas"


O PP acudiu á Valedora do Pobo nos últimos meses por diferentes aspectos do goberno municipal cos que non estaba de acordo, ¿teñen xa contestación?

Aínda non, pero sabemos que a Valedora do Pobo está investigando e ampliaremos a información nas vindeiras semanas. Lamentamos unha vez máis que este goberno faga un uso partidista da radio municipal na que parece radio AM/PSOE, o mesmo acontece coas redes sociais do Concello, ou co whatssap institucional.

Tamén dende o PP tivemos que acudir á Valedora do Pobo pola falta de información sobre os informes de secretaría. Hai que recordar á veciñanza que fomos a unha comisión e a un pleno sen ter os informes da secretaria porque ao alcalde non lle gustaba o que poñía os funcionarios municipais. Estas actitudes non existían no concello anteriormente e hai que desterralas definitivamente, non é o exemplo que debemos seguir.

 

Dalia García Couso
Dalia García Couso

¿Como evolucionan as obras no Concello?

Lentas e con clara intención electoral. O céspede do campo de fútbol estase cambiando sen rematar a tempada co que eso implica para os rapaces e as súas familias: teñen que desprazarse a concellos limítrofes non só a adestrar senón tamén a desputar os partidos cada semana.

Remata a lexislatura e noutros concellos coñecemos convenios con outras administracións que axudan economicamente para poder evolucionar como vila. En Melide cales foron os proxectos financiados coa axuda da Deputación ou do Estado? Fácil, ningún.

Non consigo entender porque o convenio para mellorar o caudal do río Furelos está metido nun caixón. O saneamento de Santa María foi ralentizado ao máximo. Do bombeo do actual parque empresarial non sabemos nada.

Melide tivo cero convenios coa Deputación, o organismo provincial non escoita a Melide. Teño claro que a Xunta quere axudar a Melide: teño claro que nos meus primeiros 100 días de goberno cando sexa alcaldesa asinarei un convenio coa Xunta para que se faga cargo dun tercio do custe para a canalización da EDAR e petarei á porta da Deputación para que tamén apoie outro tercio, é necesaria a colaboración entre administracións para realizar proxectos ambiciosos para Melide.

Unha Dalia máis persoal

Cor: Verde esperanza

Canción: Viva la Vida de Coldplay

Unha comida: se vale postre un rico

Celta ou Depor: Deportivista desde que nacín.

Pedro Sánchez ou Feijoó: Obvio...

Cualidade de Rueda: Espontaneidade e frescura.

Ana Pontón: Coherente ideolóxicamente.

Valentín: Querer e non poder.

Actual ou pasado: Referente, W. Churchill entre otros

Bebida: Un bo viño ou vermú galego

Estación: Primavera