Mércores. 08.05.2024

Os populares explican que Melide tivo unha revisión catastral obrigada pola UE no seu momento e que supuxo a regularización de inmobles nos 8.132 municipios de toda España, revisión que finalizou no ano 2015. Dende esas “nos mandatos populares sempre se baixaron os impostos: o tipo pasou dun 0,55 ata un 0,45 tanto en rural como en urbano que é o que se mantén hoxe en día. Ademáis os populares bonificaron as construccións agrícolas e gandeiras no rural melidense en consonancia coa política de impostos 0 no rural da Xunta de Galicia”, din.

“A realidade actual é ben distinta, supón grabar con impostos e atrasos de ata 4 anos a 2.732 contribuíntes que no caso de que non se recurra terá un efecto permanente” apunta Dalia García, portavoz do PP en Melide .

Dende a formación popular, esixesen “unha resposta por parte do bipartito melidense ao tempo que aquelo que podría ser unha anécdota se converteu en normalidade ao tributar fincas rústicas como urbanas polas cales pasan líneas de alta tensión, fincas que non cumpren os mínimos establecidos para a sua edificación, filas de carballos que tributan como solo urbano...en definitiva, unha cadea de despropósitos sobre os cales advirten informes municipais aos cales fai caso omiso o actual goberno”.