Sábado. 20.04.2024

A delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, e o xerente da Área Sanitaria de Ferrol, Ángel Facio Villanueva, reuníronse co presidente de Asociación de Veciños de Ferrol Vello, Manuel Zapata, para darle conta, tal e como se viña facendo por escrito en meses anteriores, das últimas noticias sobre o Consultorio Manuel Comellas, no Concello de Ferrol.

No encontro, a delegada e o xerente anunciáronlle ao representante veciñal que a Xunta ten previsto reabrir nas vindeiras semanas, posto que xa estarían rematadas as obras de mellora de circuíto Covid, que foi necesario realizar neste centro sanitario; e, igualmente, xa está en descenso a última onda epidémica, cumprindo así co informado a esta Asociación.

As obras consistiron na creación dunha nova sala para pacientes con sospeita Covid, creación dunha nova sala de descanso, e creación dunha nova o icina de administración con novos mesados e pantallas. Demoléronse tabiques, e aproveitouse para o acondicionamento de paredes e teitos.

Os traballos de mellora, que contan cun investimento de case cinco mil euros, permitirán volver a dar servizo, tal e como se viñan prestando antes da pandemia, aos veciños da zona.

Neste centro sanitario traballan tres profesionais: Facultativo, Enfermería e Persoal de Servizos Xerais, que atenden a un total de 1.032 tarxetas sanitarias, das que 405 son maiores de 65 anos. Realízanse uns 8.500 actos sanitarios anuais entre medicina e enfermería.


 

As obras de mellora de circuíto Covid permiten reabrir o Consultorio de Ferrol Vello