Xoves. 25.04.2024

O Concello de Oroso renovará os paneis con sinalización informativa de Sigüeiro, co obxectivo de mellorar os servizos para os seus veciños e os visitantes que chegan ao municipio.

Para elo, o concello conseguiu unha subvención da Deputación da Coruña que permitirá a instalación de 30 paneis informativos en Sigüeiro, cada un deles con varias sinais informativas para peóns e conductores. O orzamento da actuación é de 54.000 euros.

Unha vez realizado o informe técnico para decidir a ubicación das sinais e conseguida a achega da institución provincial, a xunta de goberno local de Oroso aprobou o proxecto.

“Un paso máis para mellorar os servizos municipais, neste caso no casco urbano e cunha mellora na rede de sinalización que beneficiará tamén ás persoas que veñen a Sigüeiro por traballo ou turismo”, explica o alcalde, Luis Rey.