Sábado. 20.04.2024

O Concello de Cedeira vén de informar de que a instalación do novo sistema de deshumectación da piscina municipal xa está rematada. Desde o Goberno local explican que trátase dun equipamento moi importante para evitar a proliferación de mofos ou fungos nunhas instalacións que pola humidade poden favorecer a súa aparición, máis este novo equipamento cumpre cunha estrita normativa sanitaria e garante a salubridade das instalacións.

O orzamento adicado polo Concello foi de 38.280 euros e incluía ademais o selado e a retirada dos vellos equipos, xa que o seu estado foi o que fixo que se optara por uns novos en vez da súa reparación. 

A piscina municipal de Cedeira é unha instalación que conta con un alto número de usuarios e usuarias, que acoden para facer uso libre das instalcións, o ben para participar nas actividades dirixidas como os cursos de natación, aquagym, saúde na auga, ou natación para bebés e para embarazadas, entre outras.