Sábado. 20.04.2024

O Concello de Melide celebrou o seu pleno ordinario na xornada de onte. Os populares da vila sinalaron una vez rematada a sesión “a fraxilidade do bipartito ao ter que utilizar o alcalde, José Manuel Pérez o voto de calidade para dous asuntos de moita importancia municipal: a conta xeral do exercizo 2021 e un suplemento de crédito financiado polo remanente de tesourería tamén do ano pasado”.

“De seguir nesta liña a xestión do bipartito AM-PSOE dilapidará o remanente de tesourería en gasto corrente” explica Dalia García, portavoz dos populares de Melide. Engade que “un mes despois de aprobar o orzamento 2022, o bipartito trouxo ao pleno unha modificación orzamentaria, a segunda operación de modificación que se lle fai ao orzamento”. Dixo que “ou ben as contas municipais aprobadas hai un mes eran unha operación de maquillaxe ou ben esta modificación de crédito é un exemplo máis do desorde económico que existe no goberno bipartito Pérez-Prado xa que non se entende que a un mes da aprobar o orzamento se tire de remanente de tesourería para financiar gasto corrente”.

Pola súa banda, o responsable de Facenda do Concello de Melide, Xosé Igrexas comparou o gasto eléctrico do Concello en todo 2021, duns 450.000€, cos case 616.000€ gastados de xaneiro a agosto de 2022. Deste modo, e antes de que remate o presente ano, os gastos derivados da electricidade medraron un 36%.

Advirtiron os populares que “de utilizar o remanente de tesourería para gastos correntes supón un erro xa que impide a execucción de obras sostibles e que revirten o aforro municipal no benestar dos melidenses: ao executar esta cantidade en gasto corrente queda sen cobertura económica por terceiro ano consecutivo o proxecto de canalización á EDAR municipal de 1.5 millóns de euros que foi aprobado en pleno e que o bipartito AM-PSOE foi incapaz de executar”.

CONTA XERAL

O voto de calidade tamén tivo que ser utilizado nesta ocasión polo rexedor municipal para sacar adiante a Conta Xeral do Concello, “unha mostra máis da debilidade do executivo melidense, nun asunto de trascendencia económica municipal” sinala García.

Por outra banda, tamén fixo especial fincapé en que “detectanse claros incumprimentos de ordenanzas fiscais así como do Plan de Acción que o bipartito AM-PSOE utiliza como un mantra para levantar os 26 informes de reparo do ano 2021”.

Xosé Igrexas, concelleiro de Facenda, explicou que “este goberno local ten control das contas, cumpre coa regra de gasto, non ten déficit e paga en tempo e forma as facturas”.

UNANIMIDADE NA MOCIÓN DA AUTOVÍA A-54

O pleno votou unha moción a petición do Partido Popular para instar ao gobernó central a rematar os dous tramos da A-54 que aínda non están abertos. Isto é Palas-Melide e o que comprenden Melide-Arzúa. A moción foi aprobada por unanimidade dos tres partidos con representación no pleno melidense.

LUZ VERDE A OBRAS NO RURAL MELIDENSE

Neste pleno tamén se aprobaron obras en vías de comunicación da área rural, con  fondos da Deputación de A Coruña dos POS Adicionais que se aprobaron en Pleno do organismo por unanimidade dos partidos presentes, a pesares que estos POS son inferiores ao 2021

Partido Popular, Adiante Melide e PSOE votaron a favor de realizar estas obras no rural melidense.