Venres. 19.04.2024

O PP de Melide denuncia que “logo de tres anos de goberno bipartito AM-PSOE a piscina climatizada municipal fique pechada. Non hai excusa para tal despropósito”.

A portavoz melidense popular, Dalia García defende que “este feito está sendo unha eiva para Melide e os melidenses que co goberno bipartito de Pérez e Prado pagan máis impostos e teñen menos servizos, de entre estos, un que o PP considerou e considera fundamental: a piscina climatizada. Tres anos perdidos, tres anos de perdida continuada de mozos e mozas que se teñen que desprazar a outras vilas, tres anos nos que as familias teñen que pagar do seu peto o desprazamento a outros lugares se queren facer deporte, coidar a saude ou mesmo desfrutar dun anaco de ocio-deportivo”.

García engade que “este ano é máis escandaloso se cabe xa que levamos tres plenos de orzamentos nos que o edil de deportes e o tenente alcalde mellor pagado de Galicia, J.A. Prado García co beneplácito do alcalde, J. M. Pérez menten descaradamente aos melidenses; se no ano 2020 ían abrir a instalación en 6 meses, tres anos despois e apenas a 250 días dunhas eleccións municipais aproban un crédito extraordinario para facer unha obra cuxo presuposto alcanza case o millón de euros como escusa para evitar as críticas que día a día reciben pola falta desta instalación”.