Xoves. 25.04.2024

Dende o PP de Melide acumulan as queixas da organización da Liga de Fútbol Sala de Melide xa que “pese a pagar unha inscrición máis que cuantiosa os participantes non poden facer uso das duchas despois de cada partido so pretexto da existencia de risco pola COVID-19”.

Dalia García, a portavoz dos populares, considera “un feito inadmisible toda vez que non existe ningún protocolo activo por parte da Xunta de Galicia e polo Comité de Expertos que aconselle isto nun Concello como Melide, actualmente cunha cifras de incidencia pola COVID moi baixas; isto obedece máis a decisións do tenente alcalde, J.A. Prado, quen é moi dado a loubanzas do seu traballo pero pouco preocupado polo desarrollo dos eventos o que trae como consecuencia este tipo de queixas ainda habendo instalacións e espazo”.

Dende o punto de vista da formación popular “non se entende que se prohíba a utilización das duchas por parte dos xogadores cando non hai vixencia de ningunha prohibición actualmente cando nos espazos que se utilizan no pavillón para actividades deportivas entre quenda e quenda non se procede á desinfección dos utensilios necesarios para a práctica deportiva nin tampouco entre clase e clase se desinfectan os espazos; o único que se lle indica aos monitores é que fagan unha axeitada ventilación dos espazos”.