venres 03/12/21

O grupo do Partido Popular no Concello de Oroso, a través do seu portavoz, Alexander Doval, cualificou esta mañá de “decepcionante” o resultado do proxecto levado cabo polo executivo local, que está na súa recta final, para a reurbanización da rúa Ourense, e que contou cun orzamento total de 100.000 euros.

 

Os populares consideran que a actuación, enmarcada no Plan de Obras e Servizos da Deputación do 2018, debería ter en conta a necesidade de incluír a construción dalgunha zona verde, así como a colación dalgún banco. “Queremos poñer o foco tamén no choque estético que se produce entre a rúa do Camiño Real –por onde transcorre o Camiño Inglés- e unha zona empedrada con zona verde e zona de descanso, coa sinxeleza extrema da reurbanización da rua Ourense”, criticou Doval.

 

Así mesmo, o portavoz dos populares aproveitou para denunciar que a intersección entre a rúa Ourense e ou Camiño Real deixa unha nova beirarrúa que conta cun espazo moi xusto para o paso de coches, unha circunstancia, dixo Doval, que obriga, por exemplo, aos vehículos grandes a invadir o espazo reservado para peóns.

Bótanse en falta tamén o soterramento dos colectores de lixo. Somos conscientes de que habería que modificar os pregos do servizo de recollida de lixo, pero todos os pobos e cidades, cando fan reurbanizacións de rúas, tenden a isto, a soterrar os contedores, en Oroso están todos en superficie”, subliñou Doval.

Por último, os populares aproveitaron a ocasión para comentar que, se ben é certo que se perderon algunhas prazas de aparcamento coa nova rúa, bótase en n falta unha praza de aparcamento para persoas con mobilidade reducida, máis tendo en conta, dixo Doval, que hai un centro de fisioterapia nesta rúa.

 

 

comentarios