Mércores. 24.04.2024

O grupo municipal popular vén denunciando o “abandono histórico” que sufriu Cacheiras.Din que “PSOE e Son de Teo non deron resposta, sistematicamente, ás necesidades da parroquia máis grande en poboación. A nula sensibilidade que se tivo constantemente cara ao colectivo de comerciantes e os pequenos negocios da zona foi constante e, mesmo, tomáronse decisións importantes en contra dos seus intereses. A isto hai que sumarlle que os máis de 5.500 habitantes, un 31 % da poboación, apenas recibiron un 8 % de investimentos nos últimos plans de obras e servizos”.

Explican que “consideramos totalmente electoralista e interesada a convocatoria dunha reunión por parte do concello para prometer solucións agora aos problemas que non subsanou en 15 anos”.

O portavoz popular local, José Manuel Guerra da por “benvida calquera medida que se poida levar a cabo perante o abandono que sufriu historicamente”, e pide “vontade política para tratar de solucionar os problemas máis elementais que dependen estritamente das competencias do Concello”

Populares de Teo denuncian 15 anos de “abandono histórico¨ en Cacheiras