Venres. 26.04.2024

Os populares de Teo indagan o porque do baleirado da piscina municipal dos Tilos “de forma deliberada e irresponsable, posto que o contido foi vertido ao terreo adxactente ás instalacións, chegando ao río a auga contaminada con todos os produtos químicos propios que permiten o baño. Foi a propia veciñanza a que deu conta dos feitos tanto a Protección Civil coma ao Seprona”, explican.

Desde o Partido Popular de Teo piden as explicacións oportunas ao Concello ante a vertedura producida, “inexplicable de toda parte considerando o dano medioambiental”, apuntan.