Sábado. 25.06.2022

O Partido Popular fai un chamamento ao equipo de goberno local para que destape os tótems que están instalados na entrada da vila. Din que “levan ocultos por plástico negro dende o día posterior á súa instalación, na primeira quincena de novembro de 2021”.

Tal e como apuntan os populares, dende o goberno local explicaron que despois do pleno ordinario do 5 de maio serían destapados. Rafael Rivadulla, portavoz do PP de Arzúa di que “xa pasaron semanas e non realizaron esa acción polo que rexistramos unha nova petición formar ao alcalde para que solucione esta situación”. Engade que “a cuestión é do máis insólita, pois o custo dos tótems ascendeu a 6.110,50 euros que, polo que se ve, era un importe destinado á promoción do Xacobeo e de embelecemento do Camiño de Santiago, grazas a un convenio coa Axencia Galega de Turismo, que non está a cumprir o seu obxectivo porque o goberno local non se molesta en sacar o plástico que os oculta”.


 

comentarios
Entrando na páxina solicitada Saltar publicidade