Mércores. 24.04.2024

O Partido Popular de Arzúa asistiu a unha reunión con posterioridade á Festa do Queixo de Arzúa para analizar as accións levadas a cabo neste evento e como poder melloralo o ano que vén. Propostas que trasladarán ao actual equipo de goberno.

Segundo Rafael Rivadulla, voceiro municipal, “a festa debe adoptar cambios por aclamación popular, coma o cambio do pregón ao domingo, ao igual que se facía orixinalmente, así como reorientar o cartel de grupos musicais”. A maiores engaden que outras medidas como “unha presentación e difusión máis ampla e temperá, a celebración de actividades paralelas na praza de Galicia, actividades de índole profesional, o concurso de tapas e petiscos durante varias semanas, melloras protocolarias, arranxos no recinto multiusos ou unha maior defensa do queixo da D.O.P. Arzúa-Ulloa”.

Rivadulla propón “abrir á veciñanza a recollida de ideas para a festa, así como participar na selección de Arzuáns do Ano, ou o concurso de tapas e petiscos, pois temos todos o deber de decidir como queremos a nosa gran festa, e como queremos que se administren os miles de euros que custa a mesma”.