Xoves. 28.03.2024

Os populares melidenses denuncian ante a Valedora do Pobo a situación na que se encontra a utilización “netamente partidista dos medios municipais que deberían ser so e unicamente institucionais como o teñen sido ata o mandato 2015-2019 do Partido Popular”.

Dalia García sinala que “é un auténtico atranco á democracia, ao pluralismo político que unha Radio local como é Radio Melide se utilice como un “aló presidente” do señor alcalde e o seu goberno para difundir mentira tras mentira algo que non vamos consentir e no que anuncio, chegaremos ata o final para reclamar o noso dereito á participar como forza política maioritaria no Concello”.

USO PARTIDISTA DAS REDES SOCIAIS E PÁXINA WEB

Os populares engaden que “faise unha constante utilización partidista das redes e da páxina institucional do Concello de Melide onde nomean continuamente á ex cargos políticos locais así como alusións constantes ao Partido Popular, quedando este sen dereito á réplica nin nas ondas nin na páxina de todos e de todas”.

“Iniciaremos unha campaña para limitar este monopolio partidista de AM-PSOE que con Pérez a cabeza manifesta claramente a sua intención totalitaria e autoritaria de presidir este Concello esquecendose cales son as regras do xogo: vivimos en democracia”, sinala Dalia García, a primeira edil melidense dos populares.