Mércores. 24.04.2024

O PP de Melide denuncia “a mala praxe do goberno AM-PSOE ao malgastar os impostos dos melidenses por duplicado nunha empresa de comunicación á que lle asignaron durante todo o ano 2022 labores de estratexia de comunicación que ten asignada o posto de xefe de gabinete segundo o publicado no BOP do 9 de xaneiro de 2020 e aprobado en pleno polo bipartito”.

“Resulta impactante que despois de modificar ata en duas ocasións o posto de persoal eventual na Relación de Postos de Traballo para cambiarlle a denominación así como o soldo, agora atopámonos con que na XGL de febreiro do ano 2023 se paga un total de 18.000 euros a unha empresa á que se lle asignan as funcións que ten xefe de gabinete no goberno municipal” sinala a portavoz do PP, Dalia García.

García explica que “non entramos a valorar a profesionalidade da empresa mencionada pero puntualizan que brillan pola súa ausencia as campañas coherentes de comunicación chegando, nos últimos tempos a colgar videos para promocionar os negocios de hostelería e turismo da nosa vila onde hai negocios que pecharon as súas portas”.

Dende o grupo municipal popular consideran que “no caso de haber unha situación non prevista do persoal de confianza dentro do goberno bipartito municipal o lóxico é decretar por parte do alcalde o nomeamento doutra persoa porque este é unha praza que depende única e exclusivamente da vontade política dos responsables municipais; aquí está claro polo que se opta, por converter ao Concello de Melide nunha máquina de vender favores políticos que está moi lonxe de atender os problemas de Melide e os melidenses, que lamentablemente están sen arranxar: 1006 días sen solución para a Praia Fluvial de Furelos, case 1300 días sen piscina municipal, por non entrar a valorar a situación das augas depurativas do polígono industrial que segue sen arranxar polo alcalde, o seu goberno o único que fai é lastrar a Melide”.