Xoves. 28.03.2024

O Partido Popular de Melide denuncia que “unha vez máis, 900 días despois de telo anunciado, as grandes liñas políticas da lexislatura que anunciaban AM-PSOE eran e son puros anuncios electorais que demostran a ineptitude deste goberno”, sinala Dalia García portavoz local dos populares.

“Anunciaron que o PXOM estaba esquencido nun caixón porque non había valentía política en palabras de J. Antonio Prado, o tenente alcalde mellor pagado de Galicia e resulta que, máis de 900 días despois, a piques de cumprir tres anos de mandato, non existe nada do estudo dos expedientes municipais que nos faga pensar que se iniciaron novos trámites” sinala a portavoz do PP. “Ao contrario, beben do que antes lle criticaan ao PP: seguiron, porque non hai outro xeito para proveer de máis solo industrial a Melide, co plan inicial que o PP propoñía dende 2017”, engade.

García defende o traballo feito nos oito anos de goberno popular en materia urbanística “durante ese mandanto, ademáis de terse publicado unha nova lei do solo que supuxo un cambio de normativa integral, o que se fixo foi facilitar a implantación dunha superficie comercial en Melide coa conseguinte tramitación do cambio de calificación de solo de uso residencial a comercial; regulizouse a parcela na que finalmente se implantou o novo Centro de Saúde, cuestións todas elas, nas que nos atopamos sen o apoio dos que hoxe gobernan e que daquela ocupan as sillas do BNG, por exemplo Xosé Igrexas, tenente alcalde e voceiro de AM ou J.A Prado, primeiro tenente de alcalde polo PSOE”.

“A súa ineptitude e a falta a verdade a todos os melidenses non ten límites, cansáronse de anunciar novas políticas para quedarse Melide sen solo industrial, sen planeamento e sen infraestruturas novas a pesar de ter deixado o PP 4, 5 millóns de euros de remanente que neste caso, pola supresión das regras fiscais, eles si poden gastar, o que é máis grave se cabe, que suframos esta parálese” apunta García.