Venres. 19.04.2024

Os populares melidenses cualifican de “incrible” o que está pasando coa xestión dos expedientes municipais que van a pleno. “A desidia e falta de transparencia do goberno de AM-PSOE é tal que ocorren no consistorio prácticas que nunca antes se deran na corporación que son máis idóneas de corporacións non democráticas” sinala a voceira popular, Dalia García.

Os populares denuncian que xa non é a primeira vez que sucede, dende non constar como convocados en tempo e forma para convocar os plenos a pesar das continuas chamadas de atención que o propio PP advertiu publicamente ata a última das consecuencias, que non foi outra que non obter en tempo e forma os informes dos reparos da intervención municipal que eran obxecto da comisión de contas ata 30 minutos antes da celebración da mesma previa chamada aos servizos municipais da voceira popular.

Nin unha desculpa por parte do alcalde nin unha xustificación racional o acontecido” sinala García quen apunta a este modo de actuar a “uns métodos pouco ortodoxos e acordes coa democracia; somos oposición e representamos a un número moi importante de veciños e veciñas de Melide que depositaron a nosa confianza en nós; privarnos dos expedientes municipais sen obter nin sequera unha desculpa é un modo de facer política autoritario” reitera a primeira edil dos populares melidenses. Dende o grupo municipal sinalan que ademáis se trata dos informes de reparos que emite a intervención municipal, información que os populares farán pública nos próximos días.